Este é un blog de prácticas de formación, poderás atopar diferentes materiais e recursos, bucea!!!
"Dime y lo olvido, enséñame y lo recuerdo, involúcrame y lo aprendo". Benjamin Franklin
Amosando publicacións coa etiqueta O PLE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta O PLE. Amosar todas as publicacións

luns, 27 de abril de 2015

Concluíndo, rematando,.... un proceso de formación!!!

Rematamos o curso pero non o período de formación...
Entusiasmada pola cantidade de materiais, recursos, apps,e o bo clima xenerado no curso!!!. Sorprendida positivamente co perfil do profesorado, ao que "felicito" (díxenllo ao coordinador nas Xornadas EscolaTic) polo bo clíma, a calidez e proximidade no trato.
Gustoume moitísimo a proposta de avaliación por pares, moi enriquecedora, complexa, pero realmente interesante.
No meu quefacer diario emprego moitas destas ferramentas e apps (dropbox, scoop.it, twitter, facebook, evernote, pinterest, symbaloo, feedly- máis que diigo, blogger, moodle, drupal, slideshare, scribd, entorno google, ...), as que cheguei por casualidade, a través dos MOOC do INTEF, e agora  a través de Platega.  Gústame fedellar, probar e experimentar, así que penso incluilas no meu PLE..
Botei de menos contidos importantes como o uso de licenzas, ter acceso a bancos de recursos con licencias menos restrictivas ou libres como Aiovai, Agrega, ou Procomún (iso quedará para unha segunda fase, verdade?)
Espero que o curso escolar que ven no me veña a suceder o mesmo que este...en clave de humor, resumo o proceso con esta infografía de Manuel Guzmán.


Así que ...ata a próxima convocatoria "Creación de ambientes persoais II"
Unha forte aperta a Carlos López e a José Vicente.

luns, 20 de xaneiro de 2014

O MEU PLE

Despois de valorar diferentes ferramentas e facer varios borradores, decidín traballar coas miñas propias contas para o deseño do meu PLE, a través de "pantallazos" de cada unha delas.

Estrureino e 3 grandes apartados, que son os  que me serven para levar a cabo o meu traballo.
A través da busca de contidos, recursos, necesidades ou simplemente informarme fágoo a través de diferentes formatos, redes sociais, e-mail, whatsapp, picassa, buscadores google chrome e firefox, blogger, e Issue; a este apartado  definino o bloque de difundir, interactuar e/ou compartir: 

   
REDEIRAS: Rede social corporativa para docentes dinamizada pola Xunta de Galicia.
   
FACEBOOK:
           Nuestros Recursos Educativos: https://www.facebook.com/pages/Nuestros-Recursos-Educativos/
           Aula. Experiencias Docentes:  https://www.facebook.com/groups/1422953314588637/
           Orienta Galicia: https://www.facebook.com/proyectoorientagalicia
           Pts y Als. Profesionales del apoyo escolar: https://www.facebook.com/groups/profesdeapoyo/

   
TWITTER:
       Recantos da Aula: @ReCAntosdaAula
 
 LINKEDIN: http://www.linkedin.com/pub/susana-vila/88/96/934
 
 BLOGGER:
         http://orientacioneducativaytutoria.blogspot.com.es/
         http://recantosdaaula.blogspot.com.es/
       
ISSUE: http://issuu.com/susanavila

Un segundo bloque chameino, Elaboración de contidos e planificador de eventos, no que  intento xestionar as actividades levaré ou levará o meu alumnado á aula.
- calendario de GMAIL
- Kizoa: Elaboración de actividades multimedia, para subilas á web e blogs.
- Popplet: mapas conceptuais.
- Prezi: Presentacións, para actividades na web, ou Aula virtual.
- Moodle: Aula Virtual.
- calameó: Revista virtual, compartir documentos, e poder subilos á web.

Nun tercer bloque complementario, metín todo o relacionado co aloxamiento de diferentes recursos e plataformas, así como de soporte organizativo e clasificador;  este apartado chameino organizador de contido.
Neste bloque teño  "agregador de contidos" no caso de slide e scribd, e coma ferramenta de "curación de contidos", scoop.it. Realmente son moi útis, e xa forman parte do meu quefacer diario.
Este é un breve resumo da tarefa 1.3 do curso de CReación de Ambientes Persoais de Aprendizaxe.